Lyrics

Sae a camiñar coa lúa Cos pés metidos na espuma Para que as súas pegadas pronto fuxan Avanza sen facer ruído Por un camiño clandestino Que a imaxinación foi construíndo Aínda lembra a terra entre as mans E as bágoas mollando os seus xeonllos Do último golpe Esta noite o mar ruxe ceibe Pero ela non o escoita Hoxe pensa só en desaparecer Os soños que perseguía Están perdendo a partida Que xogaban coa mentira establecida Volve sentir as feridas Que lle pendurou a vida Hoxe doen máis que calquer día Esta noite o mar ruxe ceibe Ela mira, ela escoita, ela sente o frío nos pés Respira aire limpo e pecha os ollos E volve coller folgos, chora se queres chorar Coas mans nos petos e a cabeza baixa Afogada na nostalxia Se hoxe non queres falar deixa que che fale o mar Son marcas de combate Que non che deixan ver Cal é o teu lugar e o teu papel Respira e lembra Que este inmenso puzzle sen final Vai precisar da túa peza Onde houbo maquillaxe Agora quedan sombras da carraxe E faíscas que aínda arden Esta noite o mar ruxe ceibe Sentes a area baixo os pés E semella que desta vez Xa sabes o que tes que facer Respira aire limpo e pecha os ollos E volve coller folgos, chora se queres chorar Coas mans nos petos e a cabeza baixa Afogada na nostalxia Se hoxe non queres falar deixa que che fale o mar
Lyrics powered by www.musixmatch.com
instagramSharePathic_arrow_out