Top Songs By A Roda
Lyrics
Falemos Galego (A Roda)
Sabedes que está de moda,
entre vellos e "yeyesés, a canción galega nova,
que hasta cantan os Ingleses,
nos estamos satisfeitos, da nosa fala natal,
e rendímos lle homenaxe, no tempo do carnaval,
¡car-na-val!.
Retrouso
Xerardo, Vicente, Honorato e Miguel,
cantades galego, facedes moi ben
como xa fixeron os da vella ola
falemos galego na rúa e na escola.
Un recordo pracenteiro
cara as novas a mistades
que cantaban en galego
alá polas Baleares
non estamos moi de acordo
cós que cantan por aí,
a cantiga da beiriña, no galego de Madrid
¡ de Ma-drid!
Retrouso
Xerardo, Vicente, Honorato e Miguel...
Os Támara alá moi lonxe
cántanlle o Santiaguiño
e dinlle ós casteláns
que ten forza o galeguiño
o galego non é novo
que é mais vello ca requisa
pois xa o cantaban os cregos
cando inventaron a misa,
¡ a mi-sa!.
Retrouso
Xerardo, Vicente, Honorato e Miguel...